CRTVG

Buscar

Un País Mundial

Un té con gotas en Londres

12/03/2019 - 00:29 h

Té con gotas é un podcast galego que se fai en Londres. Os xornalistas Duarte Romero e Miguel Rodríguez analizan a actualidade política británica e entrevistan profesionais galegos emigrados ao Reino Unido que poden achegar ideas moi valiosas á Galicia territorial.

Conversamos cos creadores de Té con gotas sobre o brexit, a diáspora galego-londiniense e a súa visión dos medios de comunicación galegos.

Belén Regueira fainos chegar a experiencia profesional e humana da xente galega polo mundo