CRTVG

Buscar

Un País Mundial

O desarraigo da emigración en 'Eroski Paraíso'

10/12/2019 - 00:06 h

Coñecemos a emigración galega ás illas Canarias a través da película 'Eroski Paraíso', que chega aos cines esta semana. Falamos con Miguel de Lira, un dos protagonistas do filme, sobre o impacto do éxodo ás Canarias na mocidade da Costa da Morte nos anos 90. 'Eroski Paraíso' é a adaptación cinematográfica dunha obra teatral do mesmo nome da compañía Chévere, interpretada por Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo e Cris Iglesias e dirixida por Jorge Coira e Xesús Ron. 

Belén Regueira fainos chegar a experiencia profesional e humana da xente galega polo mundo