CRTVG

Buscar

Un País Mundial

Francisco Gil, o libreiro de Borges

01/10/2019 - 00:42 h

Co documentalista galego-arxentino Xan Leira percorremos a biografía de Francisco Gil. Este emigrante de Forcarei chegou á Arxentina na década dos 20, e como libreiro en El Ateneo tratou os principais intelectuais e artistas dunha época moi brillante das letras arxentinas. Leira comisaría unha exposición sobre Gil que pode verse ata finais de novembro en Bos Aires e que viaxará a Galicia en 2020.

Belén Regueira fainos chegar a experiencia profesional e humana da xente galega polo mundo