CRTVG

Buscar

Sala 5

Xacio Baño: "As cartas que atopei son un material moi potente para coñecer a historia de Casto Balsa na Guerra Civil"

02/02/2021 - 00:14 h

Xacio Baño, presenta a súa nova curtametraxe 'Augas abisais' no festival de curtas de Clermont Ferrand, dos mais importantes de Europa. E pasou pola 'Sala5' para contarnos en detalle como é o seu filme.

En 'Augas abisais' o director mariñáo conta a historia de Casto Balsa, un parente afastado seu, que naceu en 1921 e morreu en 1938, na fronte de Teruel:

"Eu atopei, hai catro ou cinco anos, estas cartas en varios faiados da casa dos meus avós".

Pareceume "un material moi potente a historia de Casto Balsa", un mozo que con 17 anos o obrigan a ir á guerra e como evoluciona a súa relación coa contenda, que acaba asumindo como propia".

A película mestura realidade, ficción e fábula. É unha fita de pantasmas e recordos.

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez