CRTVG

Buscar

Sala 5

Andrea Vázquez: "Oliver Laxe, á parte de talento e intuición, ten unha capacidade de traballo enorme"

23/02/2021 - 00:42 h

Un ano despois de conseguir dous Goyas, en 'Sala5' entrevistaron a Andrea Vázquez, de Miramemira, a produtora que nunca fixera unha longametraxe, pero apostou pola película de Oliver Laxe 'O que arde'.

O film é a película galega máis vista da historia: 100.000 espectadores en cinemas entre 2019 e 2020.

Para Andrea foi un reto moi especial: "Meterse a desenvolver proxectos tan complexos como 'O que arde' son a sal da vida. Ínflaste de ilusión e tiras para diante".

Sobre o rendemento económico, non era optimista de todo: "Non están as contas pechadas. 'O que arde' deu cartos, pero no mercado autoral vivimos practicamente no mileurismo".

 

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez