CRTVG

Buscar

Sala 5

Luís Iglesia, homenaxeado na Semana de Cine de Lugo: "A mirada de Matalobos ensinouma Mel Gibson"

20/09/2021 - 21:15 h

Coincidindo coa celebración do festival lucense, o máis antigo de Galicia, publicouse o libro titulado 'Luís Iglesia, o actor de Riotorto' e descubriron unha placa co nome do actor no Paseo do Cine.

E Luís pasou por Sala5 para contarlle a Begoña Vázquez como se sentiu despois da homenaxe no Festival de Cine de Lugo:

Así falaba da importancia da dobraxe na súa carreira: "A mirada de Matalobos ensinouma Mel Gibson, a dobraxe foi para min unha escola inmensa. O dobrador é un cirurxián do cine, porque ves os 'takes' moitas veces"

E outras moitas anécdotas que atesoura e que lle serviron para a súa vida diaria, ademais de como actor: "Son máis afortunado que se me tocara a Lotería. Nestes anos puiden facer practicamente todas as tarefas que me apeteceu, no meu idioma. Os meus profesores de Lugo empeñáronse en que non podía ser banqueiro, tiña que ser titiriteiro. As conversas cos vellos, na Oficina Agraria que levaba meu pai,  son un tesouro que aínda teño hoxe en día"

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez