CRTVG

Buscar

Sala 5

Entrevista a Luis López Carrasco, director do documental multipremiado 'El año del descubrimiento'

17/11/2020 - 00:31 h

Luis López Carrasco, director do documental multipremiado 'El año del descubrimiento' pasou por Sala5 para contarnos en que consiste a súa obra.

Contrapón a ostentación da Expo de Sevilla e os Xogos Olímpicos de Barcelona, coa reconversión industrial que nos mesmos anos sacudiu cidades como Cartaxena, Sagunto ou Ferrol.

O director entrevistou medio cento de persoas que falan desa reconversión, tamén da crise económica de 2008 e acaban facéndose presentes os problemas da España actual.

"O interesante para min era que moitas veces pensamos nas mesmas cousas que algunhas persoas coas que parece que non temos nada en común".

"Para min a película ten 1992 como punto de partida, pero tamén é o punto de chegada. Conecta as dúas crises, 1992 e 2008, distintas xeracións experimentan as mesmas situacións".

"A película permiteche elixir entre diferentes ideas, discursos, para crear o teu propio".

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez