CRTVG

Buscar

Sala 5

Pedro Brandariz e Irene Pin participaron no festival Carballo Interplay, "un faro que permite descubrir moitas cousas"

11/09/2021 - 12:34 h

Pedro Brandariz e Irene Pin, participantes no festival Carballo Interplay pasaron por Sala5 para contarlle a experiencia á súa directora, Begoña Vázquez.

Brandariz conquistou os premios á mellor serie en galego e do público coa webserie 'Mataría'. Define o Interplay como "punto de enconto de mogollón de sinerxias". Entende que "é o lugar axeitado para coñecer xente e coller azos para emprender en Internet".

Conclúe que o festival de carballo é o "faro que permite descubrir moitas cousas"

Irene Pin, directora da webserie 'Amnesia', que vai pola segunda temporada, revela que tiñan en mente "unha loucura, facer unha webserie interactiva de ciencia ficción, e o Carballo Interplay confiou e apoiu o proxecto". Ese feito, explica Irene, marcou un antes e un despois, fíxonos crer que podiamos estar aí e facer cousas.

Entende Irene Pin que ese pulo pode servir para que as institucións poñan o ollo nas creacións dixitais. "Hai terreo fértil", conclúe.

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez