CRTVG

Buscar

Sala 5

Reportaxe sobre as novas creadoras galegas, que agrupou nun Foco o festival Curtocircuíto

10/10/2020 - 12:28 h

Pola Sala5 pasaron varias das novas cineastas galegas agrupadas nun 'Foco de novas creadoras" no Curtocircuito

Forman parte dese grupo: Anxos Fazáns, Lucía Estévez, Marta Valverde, Arancha Brandón, Ariadna Cordal García, Sol Mussa, Iria Silvosa, Aldara Pagán, Judith Adataberna eLara e Noa Castro.

As mulleres que renovarán e mandarán no audiovisual galego nos próximos anos forman un grupo con puntos en común: narrativas e historias non convencionais, arriscados formatos experimentais e coincidencia nos temas.

Decláranse dispostas a loitar para lograr espazos de creación diferentes, propios e únicos.

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez