CRTVG

Buscar

Sala 5

Miguel Mariño presentounos a plataforma FIESTRA, que a través do audiovisual galego promove a educación en valores

10/10/2020 - 12:11 h

Miguel Mariño, director da Academia Galega do Audiovisual pasou pola Sala5 da Radio Galega para resentarnos a plataforma FIESTRA, que promove a utilización do audiovisual galego como recurso pedagóxico para a educación en valores.

Trátase de levar recursos audiovisuais, como as curtametraxes feitas en Galicia, aos centros de ensino de infantil, primaria e secundaria. Difundir de forma legal, os traballos dos cineastas galegos que triunfan polo mundo.

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez