Sala 5
Alejandro G. Calvo é o crítico de cine español máis popular en Internet: "A imaxe do crítico amargado está superadísima"
Alejandro G. Calvo, autor do libro 'Una película para cada año de tu vida' -que vai pola 3ª edición-, é o crítico de cine español máis popular en Internet:
"A imaxe do crítico de cine amargado está superadísima. A crítica cinematográfica que importa é a entusiasta, que quere contaxiar o amor polo cinema e vivir a vida con algo máis de ledicia”
"O libro foi un encargo cun prazo de 4 meses e, debido a esa urxencia, “fixen a selección das películas dunha forma moito máis emocional que racional”
“Trato de atravesar as películas e plasmar os sentimentos que me producen. Facer unha ficha como as da Wikipedia sería o sinxelo”
“Non se trataba de ser exactos coas idades de cada película, senón de ser honesto. O libro é un reflexo brutal de como son eu”
“Agora mesmo todo está empuxando a sociedade enteira a consumir series na casa, que son o máis repetitivo que hai. Hai que loitar por empuxar a xente ao cine, que é unha experiencia insubstituíble”