CRTVG

Buscar

Sala 5

Lois Patiño presenta este venres no festival Curtocircuíto a súa nova película, 'Lúa vermella'

06/10/2020 - 00:46 h

Patiño contoulle a Begoña Vázque na Sala5 que o filme ten algo de apocalíptico, transita entre o documental e o terror cósmico de H.P.Lovecraft.

Ambientado nalgún pobo non identificado da costa galega, parte da historia do 'Rubio de Camelle', o mariñeiro que rescatou do mar os corpos de varios compañeiros desaparecidos en naufraxios. O cineasta explora o paso do tempo, a necesidade de pechar os ciclos das almas en pena.

Na película Patiño personaliza á Santa Compaña e ás bruxas e meigas do imaxinario popular.

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez