CRTVG

Buscar

Sala 5

Documental 'Negro púrpura': "Todo comezou porque unha amiga comentou que a súa avoa traficou de nena con LSD"

06/04/2021 - 00:21 h

Hoxe presentan o documental 'Negro púrpura' na apertura da MICE, a Mostra Internacional de Cinema Etnográfico que se celebra no Museo do Pobo Galego. E as autoras, Adriana Villanueva e Sabela Iglesias pasaron por 'Sala5' para contalo.

O título do documental refírese ó 'cornezuelo' do centeo, en galego caruncho, cornello, grao de corvo ou dentón. Trátase dun fungo alucinóxeno que en Galicia considerouse nos anos 50 o "volframio vexetal", polos cartos que reportaba a familias humildes. Vendíano a multinacionais farmacéuticas de distintas partes do mundo. Usouse para sintetizar ácido lisérxico, LSD.

"Pareceunos unha historiaca"

"Galicia competía con Rusia e con outros países, porque había moita humidade, plantabamos moito centeo, facíase recollida manual, e todas esas condicións facían que o noso caruncho fora de gran calidade, tiña os alcaloides mais demandados polas farmacéuticas".

"Chegaban a pagar 1.000 pesetas por quilo, que era o que custaba un cuxo naquela época"

Programa de cine que dirixe e presenta Begoña Vázquez