CRTVG

Buscar

O 'Galicia en goles', nos partidos da permanencia do Obradoiro e do Lugo

O Convivir deportivo abre o bado a programación deportiva da Radio Galega na fin de semana cun programa dedicado aos dous clubs de fútbol da vila de Ribadeo. Desde as tres da tarde, o Galicia en goles centrará a atención no partido de volta da final polo ascenso á LEB Ouro de baloncesto entre o Villarrobledo e o Marín. O equipo galego defende unha renda de 16 puntos obtida na Raña e se é quen de perder por menos desa diferenza regresará á categorìa de prata do baloncesto español.

O outro punto de interese estará en Vista Alegre, onde o Burela de fútbol sala feminino disputa o último encontro ante a súa afección coa obriga de derrotar o Alacante para seguir aspirando á conquista do campionato.

Tras as retransmisións deportivas, ás once da noite Rodrigo Pérez prenderá os motores de Gas a fondo para falar cos protagonistas do rally Terras da Auga e ás once e media da noite Toni López García ofrecerá unha nova entrega de Galicia en Toquio, onde os galegos con aspiracións de ir aos próximos Xogos Olímpicos son os protagonistas.

domingo, ás doce do mediodía, a edición matinal de Galicia en goles contará o final da Liga ACB. Na última xornada, o Obradoiro xoga a permanencia ante o Barcelona e no caso de perder dependerá dos resultados do Estudiantes e do Guipuzkoa. Mentres, o Breogán despídese da categoría recibindo o Burgos. No fútbol, o Celta B inicia ante o Alcoiano a final pola permanencia na Segunda B, co partido de ida en Barreiro. Ademais, os oíntes terán informaciòn do que fagan na ida da primeira eliminatoria de ascenso á Segunda B o Bergantiños en Oviedo ante o Covadonga e o Compostela en Vitoria ante o filialdo Alavés.

Desde as tres da tarde, o programa retransmitirá o Racing de Ferrol-Xáen, a ida da final de ascenso á Segunda B, e o Alondras-Mensajero, primeiro encontro da primeira das tres roldas que terá que pasar o equipo de Cangas para subir de categorìa. Tamén haberá conexións co final da Liga na Preferente, onde se decide a segunda praza de ascenso á Terceira desde o grupo primeiro en dous partidos: Estudiantil-Arzúa e Arteixo-Viveiro.

A partir das oito menos cuarto, a emisión continuara por radiogalega.gal e app coa retransmisión desde Almendralexo do Extremadura-Lugo. Os dous equipos veñen de gañar na xornada pasada e deron cadanseu paso adiante para permanecer na segunda división A.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí