CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Nacho Iglesias Villanueva: "A proba de lume do VAR vai ser o Mundial de Rusia"

25/03/2018 - 21:26 h

O programa Galicia en Goles recibiu nos estudios de San Marcos ao colexiado galego Nacho Iglesias Villanueva.

Aproveitando o paro na Liga, o árbitro galego de Primeira División analizou a próxima entrada do Vídeo Assistant Referee, o VAR, no fútbol español.

Os afeccionados xa coñecen a aplicación desta tecnoloxía tras estar dous anos de proba en diferentes torneos da FIFA. A proba de lume vaina pasar no Mundial deste verán en Rusia e nas competicións españolas comezará no mes de agosto. De saída só vai afectar aos partidos de Primeira División durante a temporada 2018-2019.

Iglesias Villanueva respondeu durante máis de media hora ás preguntas dos xornalistas Xoán Galán, Rodrigo Pérez e César Méndez e dos adestradores José Angel Salgado "Peli" e Xosé Luis Mosquera. Tamén os oíntes tiveron a oportunidade de interactuar co árbitro a través de Twitter e WhatsApp. 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí