CRTVG

Buscar

Galicia por Diante Fin de Semana

Mon Santiso, xornalista e presentador da TVG "Son un ser social e preciso estar con xente"

12/09/2021 - 11:05 h

O veterano profesional da TVG, visitou o "Galicia Por Diante Fin de Semana" antes de poñer rumbo as súas vacacións tras estar presentando no verán o espazo " A Revista Fin de Semana ". Un repaso desde os seus inicios no ano 85 onde formou parte dun cadro de profesionais, nos que compartíu tarefas con compañeiros como Eva Veiga, ata a  desaparecida,e  Dolores Bouzón, ou máis recentemente Xosé Manuel Maseda.

"Cando miro para aquel rapaz que fun vexo a un mozo novo, entrañable, algo fráxil, contraído pola responsabilidade, pero qué tamén se esforzaba moito"

"Gústame o risco e á adrenalina  para poder probar cousas novas e seguir experimentando"

"Cando marchei á Madrid, á un programa de éxito como "Sabor a ti "superoume a popularidade, e sentir invadida a miña intimidade. Decidin deixalo, aínda que tamén interviñeron outros factores.