CRTVG

Buscar

Destacados

Miguel Vázquez Taín, sobre a débeda do IVE: "A ministra vai ter que empezar a poñer solucións que non pode emprazar o novo modelo de financiamento"

07/02/2020 - 08:58 h

O presidente do Consello Galego de Economistas, Miguel Vázquez Taín, agarda que a ministra de Facenda tome medidas para solucionar a débeda do IVE pendente coas comunidades autónomas, que esta tarde se reúnen co Goberno no Consello de Política Fiscal e Financeira: "Ten que ser unha solución á marxe desa reforma tan necesaria do novo modelo de financiamento".

Nunha entrevista no 'Galicia por diante', Taín referiuse tamén ao obxectivo de déficit para este ano, que o Goberno vai renegociar con Bruxelas: "O obxectivo do 0,5 por cento é inviable" e cre que a nova cifra xirará arredor do 1,7 ou do 1,8%.

Cortes dos diferentes programas da RG