CRTVG

Buscar

Mar de Ardora

Detección de toxinas no mexillón

18/05/2019 - 07:53 h

Esta semana celebrouse unha xornada sobre Innovación e Valorización do Mexillón de Galicia, organizada pola OP do Mexillón de Galicia. Nela falouse dos metodos innovadores na detección de tóxinas. 

Álvaro Antelo Queijo, investigador do laboratorio CIFGA S.A., unha empresa químico-farmacéutica con sede en Lugo, cuxo principal campo de actividade está orientado cara a biomedicina, concretamente a través da investigación e desenvolvemento de posibles fármacos innovadores de orixe mariña.

Como froito do seus estudos na produción e purificación de compostos imprescindibles para o avance das súas propias investigacións farmacolóxicas, Laboratorio CIFGA S.A. ten unha posición de liderado na área do cultivo de microalgas e da obtención, a partir destas, de biotoxinas mariñas puras, o que os levou a impulsar unha nova liña de negocio centrada exclusivamente na consecución deses compostos e na súa comercialización.

Programa centrado no mundo do mar, presentado por Xusto López Carril
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí