Mar de Ardora
Falamos con Javier Garat, responsable da patronal pesqueira, sobre o novo acordo con Marrocos
A frota española está a un paso de volver pescar en augas do Sáhara, despois de medio ano amarrada por orde da xustiza europea. Os tribunais entenden que o Sáhara occidental non forma parte da zona de pesca de Marrocos ao estar nun proceso de descolonización. Porén, o Parlamento Europeo dáballe esta semana luz verde a un novo acordo de pesca con Rabat que inclúe pescar nesas augas, sen preguntar ao Tribunal de Xustiza europeo se o pacto é legal ou non.
Javier Garat, responsable da patronal pesqueira, sobre o novo acordo con Marrocos.