CRTVG

Buscar

Mar de Ardora

As primeiras latas co selo Atún de Pesca Responsable chegan aos supermercados españois

08/06/2019 - 07:21 h

As primeiras latas de atún con selo Atún de Pesca Responsable AENOR Conform chegan aos supermercados españois, da man das conserveiras Garavilla e Sálica que, coas súas marcas Isabel e Campos, respectivamente, serán as primeiras en subministrar produto con este distintivo que garante ao consumidor a orixe sostible e socialmente responsable.

Cumpre así a previsión da frota atuneira española agrupada en OPAGAC e impulsora desta iniciativa única no sector pesqueiro mundial, ao ser a primeira en ofrecer a opción de elixir entre un produto sostible, tanto desde o punto de vista medioambiental e biolóxico, como responsable respecto ás condicións laborais a bordo, fronte a outros produtos que proveñen de pesca ilegal.

OPAGAC/AGAC é líder na industria pesqueira no desenvolvemento e implementación de melloras na pesquería de cerco de atún para reducir o seu impacto ecolóxico e aumentar a súa transparencia operativa.

Falamos con Juan Corrales, CEO de Conservas Garavilla, conserveira da marca Isabel.

Programa centrado no mundo do mar, presentado por Xusto López Carril