CRTVG

Buscar

Mar de Ardora

As Redeiras de Galicia recibirán as Medallas Castelao 2019

08/06/2019 - 07:49 h

As Redeiras de Galicia serán unhas das galardoadas coas Medallas Castelao 2019. A entrega será o 28 de xuño en San Domingos de Bonaval: "Unha homenaxe ás mulleres do mar, que teñen un papel clave na nosa economía, adicadas a confección, reparación e mantemento de artes e aparellos de pesca".

Actualmente, desenvolve esta profesión un 84% mulleres e está avellentada por falta de relevo xeracional. As propias redeiras estan organizadas en asociacións e desenvolven proxectos innovadores no ámbito da economía circular, como o transformar redes en bolsas.

Falamos con Verónica Verés, presidenta da Federación de Redeiras de Galicia O Peirao e vicepresidenta da Asociación Profesional de Redeiras O Fieital de Malpica.

Programa centrado no mundo do mar, presentado por Xusto López Carril