CRTVG

Buscar

Destacados

Leticia Gil, Adrián Ben, Saleta Fernández e Belén Toimil aumentaron o medalleiro galego nos Nacionais de Ourense

01/03/2020 - 14:10 h

A representación galega sumou 4 novos metais na xornada matinal do domingo, a última do Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta que acolleu o recinto de Expourense por primeira vez na historia.

Polo micrófono da Radio Galega pasaron da man de Víctor Pérez Currás a valdeorresa Leticia Gil (bronce no salto de lonxitude), o viveirense Adrián Ben (prata nos 800m), a mugardesa Belén Toimil (prata no lanzamento de peso) e a monfortina Saleta Fernández (prata no salto de altura).

Todas elas súmanse os dous títulos nacionais conseguidos polo marinense Jean Marie Okutu (que acumula 11 na lonxitude) e a ribeirense Ana Peleteiro (cinco no triplo salto) na xornada do sábado. Solange Pereira foi terceira nos 1500 e recibiu unha homenaxe por parte da Federación Galega e Atletismo; despois de fichar pola federación canaria, onde regresou neste 2020.

  1. Leticia Gil (00:00): "Estivo toda a miña familia. Saír co dorsal dourado a defender no título na casa foi moi especial"
  2. Adrián Ben (2:55): "Sempre quero gañar e máis sendo na casa e case o consigo. Pero unha vida de case é unha vida de nunca" 
  3. Belén Toimil (5:44): "Sei que viña ben de forma e dame rabia ver como se me escapa o ouro por uns centímetros, cando sei que podo lanzalos"
  4. Saleta Fernández (10:04): "Levo só 3 semanas adestrando. Se non fose aquí o Campionato non viría".
Cortes dos diferentes programas da RG