CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

Iago Iglesias: "Todo Santiago estivo co Compos"

10/06/2018 - 22:00 h

O Compostela xa está na final polo ascenso á Segunda División B. O equipo santiagués foi quen de remontar o 2-0 encaixado en Terrasa e esta tarde coñecerá o seu rival na última eliminatoria.

Iago Iglesias, o adestrador do cadro galego, analizou no Galicia en Goles todo o sucedido na noite máxica de onte. Dixo non ter preferencias no sorteo e confesou que non parou de rir cando ía no coche para o San Lázaro escoitando ao humorista Carlos Tresandí e a súa parodia da música rock-latina nos campos de fútbol.

Na conversa con Xoán Galán, Andrés Vieites, César Méndez e Alberto Mariano, o adestrador convidou á cidade de Santiago a acudir en masa ao partido decisivo que se disputará na fin de semana de San Xoán.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí