Destacados
Erasmus galegos co coronavirus: "Hai 10 anos tiven a Gripe A e facíame ilusión telo agora"
O #CuartoMillennial de Víctor Pérez Currás aborda a crise do coronavirus en Italia cos que mellor están xestionando a psicose: os Erasmus galegos.
Falamos con Carlos Nogueira (Farmacia en Perugia), Cristina Santiago (Medicina en Milán) e Helena Piñeiro (Historia da Arte en Florencia) para saber como está actuando cada un deles.
- "Levaba xa varias horas no hospital e estaba desexando que me desen os resultados e poder marchar. Queda como unha anécdota"
- "Estamos en contacto coa universidade. En principio, o 2 de marzo volveriamos á normalidade e xa conto con volver a Milán"
- "Pasamos un andazo de bronquite no barrio hai 2 semanas. Facemos a broma de que en realidade pasamos o coronavirus"