CRTVG

Buscar

Destacados

Gustavo Cabral: "Maxi era importante para o Celta e o equipo resentiuse coa súa marcha"

16/10/2019 - 23:04 h

O arxentino Gustavo Cabral xogou onte “Ao Contraataque “.

O ex xogador do Celta, actualmente no Pachuca mexicano, recoñeceu a tristeza que lle supuxo deixar o club : "custoume moito despedirme de Vigo. Estabamos moi cómodos. Foron sete anos. Aínda recordo moitas cousas, sigo ao Celta e sempre o apoio".

Ademáis avaliou o actual proxecto celeste e louvou o seu sustituto Joseph Aidoo:  "está xogando moi ben. É un xogador moi potente, no físico, moi complicado de pasar no 1 contra 1. Fáltanos o gol, nada máis. Defensivamente o equipo está ben. Fáltanos esa picardía que, se cadra, tivéramos antes con Maxi".

Sobre a súa marcha do club dixo entender os motivos “Tomei a decisión de vir a México e no club de Pachuca estaban moi entusiasmados coa miña chegada. Quixen agardar polo Celta, pero penso que foi unha boa decisión. O Celta reforzouse ven, tamén na miña posición".

O arxentino está a espera de poder cadrar unha data co clube para un partido de homenaxe.

Cortes dos diferentes programas da RG
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí