CRTVG

Buscar

Gas a Fondo

Falamos con Víctor Senra, vencedor do Rally San Froilán

17/10/2020 - 23:09 h

A 42 edición do Rally San Froilán foi a cita que marcou o regreso do Campionato Galego de Rallys. A proba lucense constou de tres treitos cronometrados, con tres pasadas por cada un.

O vencedor foi o actual campión, o dumbriés Víctor Senra, que aumenta a súa diferenza na xeral tras a sua vitoria na proba inaugural da Coruña.

Segundo clasificado foi o local Alberto Otero e o de Vincios (Gondomar) Alberto Meira completou o podio.

No Gas a fondo conversamos con Senra, que se amosou satisfeito co resultado obtido.

"Saímos fortes e collemos diferenza. A partir de aí centrámonos en manter eses segundos. A pelexa foi bonita e un rally para gardar na lembranza".