CRTVG

Buscar

Gas a Fondo

Iago Caamaño, vencedor do Rali da Mariña Lucense: "A temporada,salvo as vitorias en Narón e aquí, foi para esquencer"

16/11/2019 - 23:07 h

O Rali da Mariña Lucense puxo punto e final á temporada de ralis en Galicia. Fíxoo coa vitoria do coruñés Iago Caamaño, que remontou nos útimos treitos a desvantaxe que mantiña con Alberto Meira.

O triunfador onte, nada máis chegar a Viveiro, conversou co "Gas a Fondo: "Decidimos xa o luns que rodas montaríamos nos últimos treitos. Chovese ou non, sabiamos que estarían húmedos, suxos e deslizantes"

 

Chamado a ser, no arrinque do ano,  un dos candidatos ó título rexional, que revalidou Víctor Senra, Caamaño admitiu a súa decepción "A temporada foi para esquencer. Tivemos moitos problemas. Salvo o trunfo en Narón, 30 anos despois do meu pai, e aquí no Mariña Lucense, o resto non podemos valoralo positivamente, salvo o equipo, que é de dez"  

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí