CRTVG

Buscar

Galicia en Goles

O Real Madrid-Celta, o sábado na Radio Galega

31/12/2020 - 13:26 h

A primeira fin de semana de 2021 sérvenos un partido de primeiro nivel. O sábado, desde as dúas e cuarto da tarde, o equipo deportivo da Radio Galega centrará o Galicia en Goles no enfrontamento entre o Real Madrid e o Celta de Vigo no estadio Alfredo Di Stefano. O programa prolongarase ata as once e media da noite. Ademais tamén terán presenza as semifinais da Supercopa de España de hockei a patíns, nas que participa o Liceo da Coruña.

O domingo, ás doce, a edición matinal contará o Viveiro-Silva, de Terceira División, e o Valladolid-Basquet Coruña, da LEB ouro de baloncesto. Desde as tres, o Choco-Atios e o Polvorín-Fisterra, da Terceira, xunto ao Burgos-Breogán e o Palencia-Ourense, da LEB Ouro, serán os argumentos da tarde. A partir das oito e media do serán, adestradores e xornalistas debatirán no Faladoiro sobre os resultados dos nosos equipos.

A próxima semana, o Galicia en Goles estará presente todos os días na programación da Radio Galega. O luns, ás oito e media do serán, co Lugo-Sporting de Xixón, da Segunda División; o martes, desde as catro, co Eivissa-Celta, de Copa; o mércores, tamén desde as catro, co Vilalbés-Polvorín, da Terceira, e o Deportivo da Coruña-Alavés, da Copa; o xoves, co Pontevedra-Cádiz e o Girona-Lugo, de Copa; o venres, co Celta-Vilarreal, de Liga. Ademais, o sábado haberá unha edición especial ás doce co Burela-Poio, da Supercopa de fútbol sala, que se unirá as habituais da fin de semana.