CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

José Antonio Portero Molina: "O Tribunal Supremo deberá decidir ante as opinións contrapostas sobre Junqueras"

31/12/2019 - 08:11 h

Á espera da decisión que tomará o Tribunal Supremo sobre Oriol Junqueras tras a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, o catedrático de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña José Antonio Portero Molina explicaba no 'Galicia por diante' o que suporía que o preso independentista puidese saír de prisión para tomar posesión da súa acta de eurodeputado en Estrasburgo.

Di Portero Molina que non é a mesma situación que cando o Supremo lle permitiu a Junqueras recoller a acta de deputado do Congreso, dentro da xurisdicción española. "Pero unha cousa é acompañar a Junqueras dende o cárcere ata a Xunta Electoral Central", explica, "e outra que libremente pase a fronteira e acuda a Estrasburgo e se pasee por Europa, mentres espera a que se conceda o suplicatorio do Parlamento Europeo" para que lle retire a inmunidade, que podería tardar "semanas ou meses".

"O Tribunal Supremo decidirá e verá o que ten que facer", conclúe.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia