CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Xosé Neira Vilas, escritor

31/10/2014 - 09:28 h

Os Almorzos: Xosé Neira Vilas, escritor.

O autor de "Memorias dun neno labrego" está en constante relación cos nenos e nenas de centros escolares de toda Galicia, ofrecendo conferencias e participando en charlas cos cativos.

                 Contou que na fundación que leva o seu nome, ubicada na súa aldea natal de GRES (en Vila de Cruces), moitos rapaces utilizan os ordenadores da biblioteca pública "na busca de xogos e non piden libros" "Hai que preocuparse por iso" -asegurou. Entende que eses xogos electrónicos tamén son válidos, pero hai que evitar que lle dediquen o cento por cento do tempo.

            Ante a polémica que se creara pola elección de filgueira Valverde como homenaxeado no Día das Letras Galegas, o escritor crucense considera que Filgueira Valverde é merecedor desa distinción "porque ten unha obra inmensa e extraordinaria". Sobre o feito de que fora alcalde de Pontevedra na ditadura de Franco, Neira Vilas opina "que non hai ningún xesto de Filgueira, ata onde eu sei, que poida condenarse a favor do franquismo". E engadiu que"era un galeguista de dereitas, pero galeguista".

            Comprometido coa causa dos máis desfavorecidos, Neira Vilas cualifica os casos de corrupción que nos invaden como "un despropósito" "unha inmoralidade superior".

           Neira Vilas está promocionando a súa última obra: o libro-CD "Cantos de sol a sol"; un poemario dedicado aos máis novos. 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí