Galicia por Diante
Aprendemos a cociñar cos máis cativos
Levar os máis cativos da casa á cociña para que aprendan dun xeito divertido non é doado, pero hai pequenos consellos.
Rocío Garrido Caramés é a responsable dun blog de cociña galega chamado 'A cociña do meu avó', onde recolle dende o ano 2010 receitas tradicionais elaboradas cos ingredientes de sempre. Aínda que estudou Informática da Xestión e traballou nunha empresa de comercio exterior, leva dende o 2012 dedicada á hostalería.
Gañou o premio Gourmand ao mellor libro de cociña sostible, no 2012, con 'Cociñando coas razas autóctonas'. Estes días está traballando cos pequenos na presentación de 'Receitas pequerechas'.
Yolanda Iglesias é a responsable do blog 'Magdalenas de chocolate'.