CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Álex Serra (S'Ha Acabat): "Os reitores cambian as regras de xogo á medida dos separatistas"

30/10/2019 - 08:16 h

A asociación de mozos pola defensa da Constitución S'Ha Acabat quéixase de que se está conculcando o seu dereito a entrar nas aulas. Nunha entrevista no Galicia por diante, o seu vicepresidente, Álex Serra, acusa o reitor da Universidade Pompeu i Fabra de conivencia cos estudantes independentistas: "Favoreceu que os cen estudantes encapuchados que estaban alí puidesen entrar de noite e bloquear todos os accesos".

Serra tamén se referiu á modificación da avaliación continua por unha alternativa, a petición dos estudantes en folga, de xeito que a participación no paro non os prexudique: "Os reitores cambian as regras de xogo a medida dos separatistas".

Serra apuntou que estudan adoptar medidas legais contra o que consideran privilexios para os estudantes en folga.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia