CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Manuel Bouza, portavoz da plataforma de transportistas da central de Endesa das Pontes "Se non pelexamos, isto non volve arrancar"

30/09/2019 - 08:05 h

As comarcas dependentes da central térmica das Pontes preparan mobilizacións para evitar que Endesa peche o complexo, como anunciou o venres. O portavoz da plataforma de transportistas explicou no Galicia por diante que cómpre pelexar para evitar ese peche, especialmente porque non hai alternativas máis aló do carbón.

"Se pelexamos podemos facer algo. Se non pelexamos, desde logo, isto non volve arrancar".
Bouza explicou que, de momento, non ve alternativas viables ó carbón. Recordou que se falou de queimar restos de madeira, lodos ou mesmo ósos de aceituna, pero sempre sería necesario usar carbón para manter as combustións, o que fai inviables as propostas.

"Iso é algo que se está probando si, pero é que sen carbón... Hai que contar que os lodos poderían meterse ó 10 ou 20 por cento. O dos ósos de oliva creo que xa quedou descartado. Agora véñennos co da leña. Pois vale. Oxalá. A leña hai que carretala, iso está clarísimo, soa non vén. Pero non é ningunha cousa para poñer iso en marcha".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia