Galicia por Diante
Sofía Toro: "O meu primeiro amor foi o meu barco, que se chamaba Coitadiño"
A deportista olímpica Sofía Toro someteuse ao TestDoQuince. A coruñesa xa deixou a un lado a navegación olímpica e contounos como son os seus veráns. Segue pendente do seu deporte, do que afirmou que "a vela galega está a un nivel moi bo e a nivel das categorías xuvenís os galegos tiveron bos resultados nos campionatos deste verán".