Galicia por Diante
Juan Gómez-Jurado: "Presentar un libro sen público é unha merda"
Juan Gómez-Jurado é o gran escritor de best-sellers de España. Unha ollada aos máis vendidos en calquera libraría do país lévanos directamente á súa Reina Roja, con máis de 1.000.000 de lectores.
A historia de Antonia Scott e o inspector Jon Gutiérrez, que continuou con Loba Negra, ten agora terceira parte con Rey Blanco, unha historia "que pertence xa a todos os lectores e terá continuidade".
No seu momento, chegou a presentar un libro en Santiago ante 300 persoas. Desta vez non poderá ser, porque "facer unha presentación sen público é unha merda, con perdón".