CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Rodríguez Miranda, sec. xeral de Emigración: "Se o S. XX foi o das saída dos galegos, o XXI ten que ser o do retorno"

29/11/2019 - 08:20 h

Máis de sete mil galegos retornaron da emigración en 2018. Son datos do INE citados hai uns minutos polo secretario xeral de Emigración da Xunta, que falou da necesidade de sentar as bases para que esas cifras aumenten.

"Que se o século XX foi o da saída dos galegos cara a outras partes do mundo, este século XXI sexa o do retorno a Galicia". 

Precisamente, o retorno será un dos temas que centrarán o pleno do Consello de Comunidades Galegas no Exterior, que se celebrará a semana que vén.

Nunha entrevista no Galicia por diante, Antonio Rodríguez Miranda comentaba os principais retos que deben afrontar as administracións para facilitar a integración dos que volven, en moitos casos con membros da familia que non teñen a nacionalidade "e precisan dun permiso de residencia". Tamén destacou o exceso de burocracia que supón a validación dos títulos universitarios conseguidos noutros países, que "pode tardar dous anos".

O secretario xeral de Emigración amosou tamén a preocupación pola inestabilidade que se está a vivir en países latinoamericanos con moita presenza galega, como Chile e Venezuela.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí