Galicia por Diante
Os bebés modificados xeneticamente
Hoxe Ángel Carracedo fálanos da noticia de ciencia da semana, o nacemento de dúas nenas que foron sometidas a edición xenética con CRISPR, para que as pequenas foran resistentes ao virus causante da SIDA.
Ángel explica os aspectos éticos e legais desta práctica en humanos, así coma os riscos que se correron ao facer este tipo de modificacións xenéticas en embrións sen saber se a técnica é 100% segura e efectiva.