Galicia por Diante
Miguel Otero, do Real Instituto Elcano: "A Constitución británica non está preparada para un executivo que salte todas as normas"
O investigador principal do Real Instituto Elcano Miguel Otero considera que a decisión de Boris Johnson de suspender o Parlamento para impedir que os deputados bloqueen un brexit sen acordo rompe cos valores da tradición política británica.
Miguel Otero asegura que se trata dunha "xogada moi radical". Na súa opinión, a oposición aínda ten unha oportunidade, a través dunha moción de censura. Pero advirte de que se o primeiro ministro perde a moción de censura e decide convocar eleccións despois do 31 de outubro, a data prevista para o brexit, a crise constitucional sería completa. Miguel Otero salientou que iso suporía tomar unha decisión transcendente sen a aprobación do Parlamento, e vulneraría "os principios do marco consolidado dende hai séculos no Reino Unido".
O investigador do Instituto Elcano cualifica de "dramática" a situación, e destaca que "a Constitución británica non está preparada para un executivo que salte todas as normas, todos os principios".