CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Carlos Pereira: "Que a segunda vaga sexa menos virulenta depende de nós"

29/06/2020 - 08:42 h

A relaxación social ante o coronavirus preocupa os expertos. Carlos Pereira, profesor de viroloxía e epidemioloxía na Universidade de Santiago, advertía esta mañá no Galicia por diante que a evolución do virus depende en boa medida do comportamento da poboación:

"Sabemos que, se a densidade é baixa, a extensión da epidemia é lenta, e o virus tamén se adapta lentamente e na forma menos virulenta. Pola contra, cando a densidade é alta, o virus adáptase rapidamente e á forma máis virulenta. Polo tanto, depende moito de nós". 

A evolución da pandemia depende do cumprimento das medidas de prevención como o uso de máscara e o respecto da distancia interpersoal. A Pereira preocúpalle que parte da sociedade actúe como se o virus xa non estivese entre nós, "pero si que está".

Canto ao uso de máscaras, o virólogo da USC considera conveniente a súa obrigatoriedade.

"Como virólogo aínda sería máis estrito, porque vexo grupos de persoas que non usan máscara en absoluto. Que sexan obrigatorias no exterior é unha maneira de que a xente saiba que si son necesarias". 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia