CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

'Nós' é a palabra do ano 2020: "Memoria dunha xeración e sinónimo de colectividade"

28/12/2020 - 13:20 h

Cada ano, a Real Academia Galega propón a través de oportaldaspalabras.gal que a cidadanía escolla a Palabra do Ano. 

Contra todo prognóstico, a palabra do 2020 non ten nada que ver co ano pandémico. 'Nós', como primeira persoa do plural e 'Nós' como nome dunha xeración e dunha publicación aparecida hai cen anos, en 1920. 

As outras finalistas foron termos como pandemia, gromo, coronavirus, máscara ou vacina; pero neste ano pandémico, di moito dos galegos e galegas que a palabra escollida sexa 'Nós'.

Falamos con Víctor Freixanes, presidente da RAG, sobre esta sorprendente conclusión do 2020. 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia