CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Manifestacións en Cataluña

28/10/2019 - 07:39 h

Vimos dunha fin de semana en que Cataluña se mediu en manifestacións. Un día, o sábado, os independentistas. Ao seguinte, domingo, os constitucionalistas. Se se dan por bos o datos da Garda Urbana de Barcelona, gañaron os independentistas, que xuntaron 350.000 persoas. Os constitucionalistas, 80.000, aínda que os convocantes elevaron a cifra a 400.000, para quedar por riba dos outros.

Dos actos de violencia dos primeiros, xa non digo nada. Unicamente que vin os policías que recibían ovos e outros obxectos de lanzamento, e estaban quietos, sen moverse, porque se intentan defenderse, o Goberno catalán diralles que fan mala praxe. Só poden responder cando xa están acurralados ou lles intentan abrir os portóns traseiros dos seus furgóns. Despois, cando lle preguntan a Torrar se condena a violencia, o presidente ten desculpa: onte estaba para falar das inundacións. Cando unha xornalista lle insiste, pon cara de ofendido e continúa sen responder. Alivioume moito escoitar máis tarde o líder de Esquerda Unida, Alberto Garzón, decindo que Torra ten que cesar. Pensamento persoal: o independentismo está nunha mística case que revolucionaria, onde o que discrepa é considerado 'butifler', traidor. Vai ser moi difícil que esa xente acepte a lei e se volva razoable. Moi difícil.

A manifestación constitucionalista tivo un aspecto bo e outro malo. O bo é que, polo menos, sae á rúa a protestar. O malo é a división. Xúntanse, pero as dereitas, cando ven aparecer os dirixentes socialistas, pítanlles, e Iceta, Casado e Rivera non poden aparcer na mesma foto. Vox foi excluído formalmente da concentración, aínda que conseguiu estar, pero tamén fóra da foto. Esta é a realidade do constitucionalismo: unha lamentable división, que é o retrato das diferencias políticas. O PSC está nunha postura de diálogo, que xa non sei moi ben para que. As dereitas están no 155 ou en encarcerar a todos.

Conclusións: primeira, que non me gusta o panorama. Mentres non haxa unidade españolista, non haberá fortaleza. A ver se pasan as eleccións e volven os obxectivos comúns. Segunda: con manifestacións non se arranxa nada, como nunca se arranxou. E terceira: a única esperanza que sae desta fin de semana é a participación dos separatistas. A Diada do 2014 xuntou un millón oitocentas mil persoas. A deste ano andou polos seiscentos mil. Este sábado, 350.000. Ao mellor, benquerido López Vila, o cansazo é o que pode resolver a situación. A política, nin se sabe cal se pode facer.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia