CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A guerra científica A China-EUA

28/05/2019 - 07:34 h

Nesta nova entrega recuncaremos na guerra científica A China-EUA, arredor da especie de ameaza que está deixando caer A China no control das chamadas "terras raras", elementos químicos moi escasos, e cuxa produción controla.

Seguindo con ese país, o número da revista Nature desta semana saca a confirmación (que xa avanzáramos hai meses nesta sección) de que o perigoso incremento detectado hai pouco de gases CFC (destrutores da capa de ozono, e prohibidos polo protocolo de Montreal en 1987) procede de China, e mesmo acoutan as provincias responsables. A cantidade que botan é abraiante: entre un 40% e un 60% do incremento mundial débese a emisión desa zona concreta chinesa.

A UE acaba de anunciar a cancelación dun dos seus programas de investigación estrela: os que daban 1.000 millóns de euros para desenvolver conceptos clave. Ata agora déranse tres: para grafeno, as tecnoloxías cuánticas e o cerebro.

Falando dun debate europeo, o do cambio estacional de hora, acaba de publicarse un estudo na revista Scientific Reports que sinala que o cambio estacional de hora axuda á sincronización do ciclo de sono/vixilia, en contra do que din certos sectores.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí