CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A reprodución en primates

28/03/2019 - 07:36 h

Hoxe Ángel Carracedo cédenos o espazo para que Julio Rodríguez, biólogo, psicólogo e Doutor en Medicina Molecular da Fundación pública galega de Medicina Xenómica, nos fale dun interesante traballo que veu a luz a semana pasada na prestixiosa revista Science.

Por primeira vez, conseguiuse en primates a reprodución a partir de espermatozoides diferenciados de tecido testicular infantil, que posteriormente foi implantado nun mono o chegar a súa edad adulta. Isto abre a porta a solucionar os problemas de infertilidade que se da nos varóns sometidos a tratamentos contra o cancro en etapa prepuberal, xa que aínda non forman espermatozoides e non se poden conxelar.

Os científicos estadounidenses conxelaron tecido testicular de monos infantís, e logo, cando pasaron a pubertade, desconxelaron este tecido e implantáronllo na bolsa escrotal, observando que o tecido maduraba e comezaba a producir espermatozoides viables. Collendo un destes espermatozoides e, por fertilización in vitro, conseguiron fecundar un óvulo que finalmente deu lugar a un embarazo e o nacemento de
 Grady, unha femia que se converte no primeiro primate que nace a partir de tecido testicular infantil.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí