CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A privacidade e ética arredor dos datos xenéticos

28/02/2019 - 07:35 h

Hoxe Ángel Carracedo está connosco para falarnos das implicacións éticas e de privacidade que existe arredor dos datos xenéticos. A cesión de datos xenéticos para, por exemplo, saber a túa ancestralidade (práctica que está moi de moda nos EUA), normalmente leva implícito que os teus datos pasan a unha base de datos xeral, que logo pode ser usada para, por exemplo, resolver crimes, como o recente caso de Linda Ou'Keefe, que permitiu deter un sospeitoso 43 anos despois.

O problema é que estes datos tamén poden ser utilizados con fins menos éticos, como a discriminación racial, que é algo que está acontecendo coa etnia chinesa musulmá dos 
Uighurs, moitos dos cales, aparentemente, non deran as mostras de DNA voluntariamente, senón que lle foran recollidas en recoñecementos médicos.

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí