CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Jesús Vázquez Almuíña: "Sucesos como o da listeriose deben servir para mellorar a coordinación"

27/08/2019 - 08:07 h

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, fai un chamamento á tranquilidade ante o brote de listeriose rexistrado en Andalucía por carne mechada contaminada.

Nunha entrevista no Galicia por diante reiterou que en Galicia "non se detectou ningún caso" e que non chegou producto. Recoñece que houbo unha información inicial de que unha empresa de ámbito nacional fixera un envio de 10 quilos a Galicia pero os servizos de inspección confirmaron que non entrou esa mercadoría. Con todo, avanza que se manterán o control e que "imos seguir vixiando". 
Apunta que "hai que dar á poboación máis tranquilidade no sentido de que realmente as alertas funcionaron e por iso en poucos días tódalas comunidades autónomas estiveron coordinadas".

Vázquez Almuíña indica que "a saúde pública funciona ben e de xeito coordinado" e amósase a favor de que "sucesos coma este sirvan para mellorar o sistema actual, de coordinación e de comunicación. A listeriose é unha bacteria presente en moitos dos nosos ámbitos. Erradicala é imposible pero hai que diminuíla". 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí