CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

O patrón maior de Burela lamenta o peche "prematuro" da costeira do bonito

26/08/2019 - 08:15 h

Basilio Otero, patrón maior da confraría de Burela e presidente da Federación Nacional de Confrarías, considera que a costeira do bonito, que remata a próxima medianoite, pecha demasiado pronto. Os barcos españois, entre eles entre cincuenta e sesenta galegos, xa completaron a cota de 16.000 toneladas que tiñan asignada para este ano.

Os resultados económicos da campaña foron bos, segundo Otero, a pesar de que a marea foi curta. Este ano remata tres días máis tarde que en 2018.

Otero asegurou no Galicia por diante que é necesario negociar unha ampliación da cota ata as 20.000 toneladas. Destacou que os estudos científicos avalan o aumento da cota. Basilio Otero destaca que cada ano hai máis barcos interesados en ir ao bonito, porque ademais é unha costeira refuxio para buques doutras pesqueirías que remataron as súas cotas de capturas. 

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia
Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí