CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Emilio de la Iglesia: "Todos os colexios electorais están adaptados para que as votacións sexan totalmente seguras"

26/06/2020 - 08:13 h

Emilio de la Iglesia, subdirector xeral da Presidencia e responsable da coordinación dos protocolos de seguridade para a xornada electoral, explicou no Galicia por diante as medidas preventivas en materia de saúde para as eleccións do 12 de xullo.

Os votantes terán que levar máscara, que poderán recoller no propio colexio electoral. Deberán desinfectar as mans á entrada do colexio e manter en todo momento a distancia de seguridade. A papeleta de votación poderá levarse da casa ou escollerse no propio local. As cabinas de votación orientaranse de maneira que se garde o segredo do voto sen ter que utilizar cortinas. 

Para garantir a seguridade dos integrantes das mesas, disporán de máscaras, pantallas faciais e xel hidroalcólico. Os documentos de identificación dos votantes depositaranse nunha bandexa para minimizar o intercambio de obxectos. Limitarase o número de persoas que poden acceder aos colexios e terán prioridade para a entrada os maiores de 65 anos e os votantes con discapacidades.

Os locais electorais serán desinfectados e ventilados antes do 12 de xullo e extremarase a limpeza tamén durante a xornada de votacións. 

 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia