CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

A relación entre unha pintura holandesa do século XVII e outra galega de principios do XX #Efeméridas

25/09/2020 - 11:44 h

As #Efeméridas de Manuel Gago achégannos a figura de Fernando Álvarez de Sotomayor, un dos grandes descoñecidos da pintura galega. O seu traballo ten moita importancia na arte de Galicia do século XX.

Nado en Ferrol, foi estudar aos Países Baixos e alí quedou impactado pola pintura flamenca. Non sabía a razón desa atracción ata que regresou a Galicia e se decatou do parecido entre o mundo holandés e o galego.

A súa pintura, de clara inspiración flamenca, sentou un precedente na forma de representar ás clases populares na pintura galega. 

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia