CRTVG

Buscar

Galicia por Diante

Xosé Paleo, comité de empresa de Alcoa-San Cibrao: "Imos achegándonos cada vez máis a un desenlace que non nos gusta"

25/09/2019 - 08:14 h

O presidente do comité de empresa de San Cibrao, Xosé Paleo, explicou que a dirección de Alcoa lles comunicou onte que, de momento, seguirán pechadas 32 das cubas da planta por mor do prezo da electricidade, que fai inviable a produción.

"O presidente de Alcoa, Álvaro Varado, comunicounos que, de momento, non hai un marco tarifario da electricidade adecuado, polo que seguirán pechadas".

Engadiu que, en canto se dean unhas circunstancias novas, volverán arrancar o sistema, pero tamén matizou que, de momento, non teñen previstos recortes no emprego.

"O que nos dixo onte é que non había a curto prazo ningunha medida tomada respecto de todo isto. Pero, se isto non se soluciona, o que si é claro é que non sabemos o prezo ao que imos ter a enerxía para o 1 de xaneiro e iso preocúpanos. Preocúpanos porque tampouco sabemos se se vai sacar unha poxa de interrompibilidade, descoñecemos o contido do estatuto...".

"Todas estas incertezas foron as que nos transmitiu onte o presidente de Alcoa e o que nos fai temer que imos andando un camiño que nos achega cada vez máis a un desenlace que non nos gusta".

As claves informativas do día, con especial atención á actualidade de Galicia