Galicia por Diante
O traballo do equipo forense da Cruz Vermella
Na sección de divulgación con Ángel Carracedo falamos de medicina forense a partir dun encontro de medicina legal e humanitaria organizado pola Cruz Vermella. O Comité forense da Cruz Vermella traballa para identificar o grande número de desaparecidos do mundo e loitar contra os atentados contra os dereitos humanos.
"Cando fago estas viaxes, o mundo parece un lugar de ciencia ficción, onde hai unha elite do primeiro mundo que vive nunha burbulla, que non sabemos para nada como é o mundo real", reflexiona o doutor na Radio Galega.